Antropoceno

Nome suxerido por parte da comunidade científica para designar unha nova época da historia xeolóxica da Terra, caracterizada polo impacto global das actividades humanas. A falta de que dita proposta sexa aprobada pola comisión internacional pertinente e adquira carácter oficial, de momento, en termos xeolóxicos, a última época do actual período Cuaternario é o Holoceno.