albedo
Cociente entre a radiación luminosa (habitualmente a solar) reflectida por unha superficie e a que incide sobre a mesma. Adoita expresarse en termos porcentuais (%) e permite coñecer o poder reflector da superficie en cuestión. O albedo depende principalmente de tres factores: a natureza da superficie reflectora, o ángulo baixo o que inciden os raios solares e a lonxitude de onda da radiación incidente. Mentres que o albedo da neve fresca, recén caída, alcanza o 85 %, a porcentaxe baixa ata o 25 % no caso do céspede, entre un 10 e un 25 % nun solo árido, nun 10 % na terra mollada, e apenas entre un 5 e un 10 % na cuberta forestal que ofrece un bosque ou selva.