Fenómeno Meteorolóxico Adverso (FMA)

Fenómeno meteorolóxico potencialmente perigoso para a poboación. O seu impacto sobre as persoas pode ser directo (p. ex., o impacto dun raio) ou indirecto (p. ex., un afogamento por unha inundación causada polo desbordamento dun río, cuxo caudal creceu subitamente como consecuencia dunhas chuvias torrenciais). Tamén é capaz de provocar danos materiais de diversa consideración.