fenómeno meteorolóxico

Termo xenérico que alude a calquera fenómeno que acontece na atmosfera, catalogado baixo devandita denominación. En Meteoroloxía, considéranse fenómenos meteorolóxicos todos os meteoros, salvo as nubes (caso particular de hidrometeoro), así como as tormentas, tornados e trombas mariñas. Non se considera como tal un refacho de vento, un pico de temperatura ou un descenso acusado da presión atmosférica.

Tamén coñecido como: fenómeno atmosférico