fenómeno meteorolóxico extremo

Episodio meteorolóxico de rango extraordinario, cuxa magnitude supera folgadamente os valores que, en promedio, acada un do mesmo tipo. Poden ter un carácter extremo as chuvias torrenciais, os temporais de vento, as nevadas, secas, inundacións, ondas de frío e de calor, tornados, ciclóns tropicais, etc. Os fenómenos meteorolóxicos extremos causan importantes danos materiais e teñen un elevado impacto na poboación mundial, o que reflicten as cifras de vítimas mortais causadas por eles cada ano.

Tamén coñecido como: extremo climático