adaptación
Axustes nos sistemas ecolóxicos, sociais ou económicos que teñen como principal obxectivo limitar os riscos asociados ao cambio climático, facéndonos menos vulnerables a eles. As medidas de adaptación son un conxunto de accións a levar a cabo como resposta aos impactos actuais e futuros do cambio climático. En función de cal sexa o seu grao de implementación, os danos potenciais de natureza climática amortecerán máis ou menos, lográndose unha maior ou menor resiliencia.