adiabática
Nun diagrama termodinámico ou aerolóxico, recibe este nome xenérico cada unha das liñas que amosan o comportamento da temperatura experimentado por unha parcela ou burbulla de aire ao ascender ou descender pola atmosfera, sometida a un proceso adiabático. En función de que o aire da dita parcela se considere seco ou saturado, aparecen trazadas no citado diagrama as chamadas adiabáticas secas (liñas rectas) e as adiabáticas húmidas ou saturadas (liñas curvas). Coa axuda destas e doutras liñas auxiliares, pódese analizar o grao de inestabilidade atmosférica a partir dos datos obtidos por unha radiosondaxe.