Dryas Recente

Nome co que se coñece internacionalmente a un cambio climático abrupto que tivo lugar entre 12900 e 11700 anos antes do presente (1950, por convenio) cando a última glaciación estaba en retirada. Este episodio supuxo unha volta repentina (en poucas décadas) ás condicións glaciais en gran parte do hemisferio norte, segundo se deduce dos rexistros paleoclimáticos. Toma o seu nome dunha flor da tundra alpina ( Dryas octopetala ), xa que é frecuente atopar restos das súas follas en sedimentos glaciais tardíos.