draxea
Precipitación similar ao graupel ou á cellisca, formada tamén por pequenos gránulos de xeo, aínda que neste caso son brancos, opacos e de menor tamaño. O seu diámetro non adoita superar o milímetro. Outra das súas características é que ditos gránulos presentan un lixeiro achatamento, adoptando a forma de gragea. Recibe tamén este último nome.
Tamén coñecido como: cinarra