xenón
Gas nobre presente na atmosfera terrestre nunha proporción pequena pero significativa (0,0000087 %). É incoloro, inodoro e o seu peso molecular é elevado (número atómico: 54). Non se sabe do todo ben como se incorporou á atmosfera, aínda que, a raíz dunha investigación levada a cabo en 2017, estímase que algo máis dun 20 % del ten unha orixe cometaria.