bar
Unidade de presión que equivale a un millón de barias, tamén chamada megabaria por tal motivo. Habitualmente, a presión atmosférica exprésase en hectopascais (hPa), cumpríndose que 1 bar = 1000 hPa (pascal e hectopascal). Ao igual que outros termos meteorolóxicos relacionados coa presión, como barómetro, baroclino ou bárico, bar ten a súa orixe etimolóxica no termo grego báros , que significa peso. A maior peso dunha columna de aire, maior presión exerce e viceversa.
Termos relacionados: presión atmosférica