sondaxe
Conxunto de observacións meteorolóxicas medidas por unha radiosonda. Adoita coñecerse como tal a representación gráfica deses datos nun diagrama termodinámico. As radiosondaxes constitúen unha ferramenta moi útil para coñecer cal é o grao de estabilidade/inestabilidade atmosférica nun momento e lugar dado, grazas ao comportamento que presentan tanto a temperatura como a humidade do aire na vertical.
Tamén coñecido como: radiosondaxe