abrandar
Relacionada co termo brandura, esta palabra ten dúas acepcións meteorolóxicas. Por unha banda, aplícase para indicar que o vento está amainando, perdendo forza; e, por outra, para sinalar que os rigores invernais van a menos, remitindo o intenso frío. Así, coa chegada do tempo primaveral, o inverno abranda.