dorsal

Configuración isobárica, tamén coñecida como cuña anticiclónica, lombo ou crista de altas presións, que se corresponde cunha rexión da atmosfera onde a presión é máis alta que nos arredores. Nos mapas de superficie, vén caracterizada por un conxunto de isóbaras non pechadas, que forman unha especie de lingua e que se estende nunha determinada dirección (o eixe da dorsal), desde o centro dun anticiclón cara a unha zona periférica situada en latitudes máis altas. As dorsais tamén aparecen ben definidas nos mapas de altura, flanqueadas sempre por dúas vagoadas.

Termos relacionados: bloqueo