domo de calor
Dorsal de aire cálido favorecida por unha situación de bloqueo persistente, o que dá como resultado a formación dunha especie de bóveda ou cúpula de aire atrapado onde a temperatura é anomalamente alta en calquera nivel troposférico. Esta expresión coloquial popularizouse nos últimos anos en paralelo á xeración, cada vez máis recorrente, de ondas de calor extremo en diferentes rexións do mundo.