bloqueo

Termo que se asigna a un sistema de alta presión cando permanece case estático durante bastante tempo, bloqueando -de aí o seu nome- a circulación do oeste que domina en latitudes medias, o que impide o paso normal de borrascas cara ao leste. As ondas de calor no verán ou os períodos prolongados de frío no inverno, nos que se disparan os niveis de contaminación atmosférica nas grandes cidades, veñen sempre da man dun anticiclón de bloqueo.

Termos relacionados: dorsal