choiva

Precipitación de pingas de auga, cuxo diámetro está comprendido entre 0,5 e 6 mm. Excepcionalmente, poden chegar a formarse pingas algo máis grandes (pinga de choiva). No seo das cortinas de choiva que caen das nubes, adoita haber tamén pingas máis pequenas, pero moi dispersas, froito das colisións entre as de maior tamaño. A choiva non sempre chega ao chan, podendo evaporarse antes, en cuxo caso temos unha virga. Ao contrario do que se tende a pensar e da maneira en que adoitan debuxarse, as pingas de choiva na súa caída non adoptan a forma dunha bágoa, senón que tenden a ser esféricas. Canto máis pequenas son, máis perfecta é a súa esfericidade, deformándose a medida que aumentan de tamaño. Hai distintos tipos de choiva catalogados, atendendo a criterios moi diversos.

Termos relacionados: pinga de choiva