pampero
Vento frío e intenso do sur e suroeste, con refachos e bastante molesto, que sopra nas pampas de Arxentina e Uruguai. Está asociado ás borrascas que atravesan a rexión patagónica, no seu percorrido habitual de oeste a leste. O pampero irrompe ao paso da fronte fría dunha desas borrascas e vai acompañado de chuvascos tormentosos, turbonadas e un brusco e notable descenso da temperatura.