pannus (pan)
Termo en latín do que deriva a palabra pano, que podemos traducir como anaco de tea, retallo, farrapo ou andrajo, e que dá nome a unha das nubes anexas catalogadas no Atlas Internacional de Nubes da OMM. Presenta uns característicos farrapos desfiados que se agrupan, ás veces, formando unha capa continua, xurdindo debaixo doutra nube de maior tamaño -habitualmente un altostrato, nimbostrato, cúmulo ou cumulonimbo- ou adosada a ela.