morning glory

Banda nubosa de grandes dimensións, similar a unha nube rolo, que aparece algúns días de primavera pola mañá no golfo de Carpentaria, no norte de Australia, baixo un contorno sinóptico de estabilidade atmosférica. É o máximo expoñente da especie nubosa volutus . Trátase dun altocúmulo de estrutura tubular -coñecido internacionalmente como Morning Glory - que pode chegar a superar os 1000 km de lonxitude e ter entre 1 e 2 km de altura. As correntes rotatorias ao seu redor chegan a alcanzar os 60 km/h. Xorde en presenza de ondas de gravidade, en combinación co réxime particular de brisas costeiras da zona. A súa aparición atrae a practicantes de voo libre de todo o mundo.