nariz
Forma coloquial de chamar á parte inferior da superficie frontal fría. No seu conxunto, adopta a forma dunha cuña, cunha pendente aproximada do 2 % (significativamente maior que a da superficie frontal cálida, que é aproximadamente do 0,6 %). Nas proximidades do chan, sobre terra firme, a superficie frontal fría presenta unha forma arredondada, de aspecto moi similar ao dun nariz. Así se representa graficamente esa zona de separación das dúas masas de aire. A deformación da cuña na súa parte inferior é consecuencia do rozamento do aire frío co chan, o que freña o seu avance.
Termos relacionados: fronte fría