meteotsunami
Tren de ondas progresivas e ascenso do nivel do mar provocados por cambios bruscos na presión atmosférica e ondas de gravidade sobre a superficie mariña, ao paso dunha borrasca ou outro sistema ciclónico. Teñen lugar en zonas costeiras de augas pouco profundas en diferentes lugares do mundo, como o Mediterráneo, o Adriático, os Grandes Lagos de Norteamérica ou o golfo de México. Nos EE UU, sobre todo na súa costa leste, son particularmente frecuentes; prodúcense uns 25 ao ano, a maioría deles pequenos, con ondas que non superan o medio metro de altura. As rissagas que afectan as Baleares son un caso particular de meteotsunami.