meteorólogo
Segundo o Regulamento Técnico da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM-n.º 49), é a persoa cun nivel de estudos de graduado universitario que cumpriu satisfactoriamente os requisitos do Paquete de Instrución Básica para Meteorólogos (PIB-M). Un meteorólogo está acreditado como tal só se superou con éxito o curso de formación no que se imparten as materias especificadas no citado PIB-M. Á marxe do anterior, tamén se cualifica de meteorólogo a calquera persoa que se dedica profesionalmente á Meteoroloxía, pertenza ou non a un SMN. Os homes e mulleres do tempo que traballan nos medios de comunicación son habitualmente chamados meteorólogos, con independencia de cal sexa a súa formación académica (moi variopinta). Esta cualificación profesional só está xustificada nos casos en que o comunicador poida acreditar uns coñecementos sólidos na materia e reciba unha formación continua nela. Tamén se considera meteorólogo ao estudoso da Meteoroloxía, tanto no ámbito universitario como en calquera centro de investigación.