complexo convectivo de mesoescala

Conxunto moi organizado de treboadas de tamaño moito maior que unha treboada ordinaria, que adoita levar asociados fenómenos meteorolóxicos adversos, particularmente intensos e duradeiros. As características dun CCM (sigla coa que se coñece en español) veñen ditadas por determinados criterios establecidos por distintos autores a partir da análise de imaxes infravermellas de satélite. Os que estableceu o meteorólogo estadounidense Robert A. Maddox, en 1980, considéranse a principal referencia.