colo

Configuración no campo de presión atmosférica que adopta a forma dunha sela de montar a cabalo. É a rexión de presión case uniforme limitada por dúas borrascas (zonas afundidas) e dous anticiclóns (zonas elevadas) dispostos alternativamente, formando unha cruz.