nó
Unidade de medida da velocidade que equivale a unha milla náutica por hora. Numericamente, exprésase como 1 kn = 1,852 km/h ≈ 0,5 m/s. O símbolo kn é a abreviatura de knot (nó, en inglés), se ben é común expresala como kt. Esta última forma non é do todo conveniente por coincidir co símbolo do quilotón (ou quilotonelada), que é a unidade do Sistema Internacional usada para medir a potencia explosiva das bombas nucleares (un quilotón equivale á enerxía liberada pola explosión de 1000 toneladas de TNT). O nó emprégase tanto na navegación aérea como na marítima e tamén en Meteoroloxía, para expresar a intensidade do vento.