carambelo
Agulla de xeo moi compacto, de forma cónica e lonxitude e grosor moi variables, que se forma como resultado do pingado de auga proveniente da fusión da neve ou o xeo, cando as pingas entran en contacto cun aire a temperatura inferior aos 0 ºC e se conxelan, formando -por acumulación- dita estrutura. A palabra ten a súa orixe na voz latina calamulus (calamellus en latín vulgar), que é o diminutivo de calamus (cálamo), que significa canaveira. Os carambelos adoitan aparecer nos beirados dos tellados cando, unha vez que se acumulou neve sobre eles, se inicia o proceso de fusión da citada neve e se produce despois unha xeada. Tamén é común velos pendurar dos arcos dunha ponte, nas entradas das covas ou nos abrigos rochosos.
Tamén coñecido como: calamoco, caramelo