holoceno
Actual período interglacial e segunda época do período Cuaternario (a primeira é o Pleistoceno), que abrangue desde hai 11700 anos ata o presente (1950, por definición). Algúns científicos postulan que o Holoceno rematou e deu paso a unha nova época xeolóxica bautizada como Antropoceno, aínda que polo momento a Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas non o incorporou á táboa cronostratigráfica, que establece todas as divisións oficiais do tempo xeolóxico da Terra.