golpe de calor
Trastorno debido ao sobrequecemento que sofre o corpo humano como consecuencia dunha exposición prolongada a un intenso calor. Ten lugar cando a temperatura corporal alcanza os 40 ºC, o que desencadea o fallo progresivo de distintos órganos, debido á perda de capacidade de termorregulación. O organismo é incapaz de eliminar o exceso de calor, deshidrátase e colapsa. Baixo tales circunstancias, o risco de morrer é moi alto.