gorgorito
Forma coloquial, de uso común, para referirse á pequena pompa de aire que xera unha pinga de choiva ao caer nun charco ou sobre calquera outra superficie de auga. Os gorgoritos adoitan aparecer cando chove intensamente e precipitan pingas grandes. Segundo a crenza popular, mentres aparezan estas burbullas non escampará, o que ten fundamento científico. A liberación do aire disolto na auga, como consecuencia do cambio que experimenta a solubilidade do primeiro no segundo coa temperatura (a auga das pingas de choiva está moito máis fría que a auga onde caen), xustifica a aparición das pompiñas.
Termos relacionados: frade