malla

Conxunto de puntos nos que un modelo matemático de predición meteorolóxica ou climática distribúe espacialmente e define as distintas variables que usa. A distancia entre dous puntos contiguos da malla representa a resolución espacial do citado modelo. Na actualidade, os modelos de circulación xeral (MCG) alcanzan resolucións de entre 10 e 20 km. O reto nos próximos anos -na medida en que siga aumentando a capacidade de cálculo dos superordenadores- é baixar a resolución dos MCG até os 5 quilómetros.

Tamén coñecido como: reixa