diverxencia
Termo oposto á converxencia. Aplicado a un campo de ventos nun nivel atmosférico dado, representa a expansión dos vectores que configuran unha determinada corrente de aire, coa conseguinte separación das liñas de fluxo. A diverxencia en altura (alta e media troposfera) reforza os ascensos de aire e con iso a posibilidade de que as nubes convectivas adquiran un gran desenvolvemento vertical e culminen coa formación de tormentas.