disturbio

Termo usado habitualmente no ámbito da meteoroloxía tropical e en países de América Latina afectados por furacáns. Fai referencia a unha área de inestabilidade atmosférica, dalgúns centenares de quilómetros de diámetro, con abundante nubosidade, chuvascos, actividade tormentosa e ventos con refachos. O disturbio tropical é a zona situada sobre o mar onde a convección comeza a adquirir certo grao de organización e comeza a xestarse un potencial ciclón tropical.