depresión

En Meteoroloxía, zona de baixa presión atmosférica. É unha rexión da atmosfera onde a presión é menor que nos arredores, aumentando de dentro cara a fóra. Nos mapas sinópticos de superficie vén representada por un conxunto de isóbaras pechadas en sentido crecente segundo nos desprazamos desde o seu centro (mínimo de presión) cara a fóra. Nos mapas de altura, as isohipsas adoptan unha forma parecida, configurando unha zona afundida que forma unha depresión (barométrica), de aí o nome que recibe. É sinónimo de baixa, ciclón e borrasca.