El Niño costeiro

Fenómeno que adoita ser precursor de El Niño e que consiste no quecemento anómalo das augas superficiais do Pacífico ecuatorial nas proximidades de Suramérica, o que provoca unha alteración tanto das correntes oceánicas como dos patróns meteorolóxicos en Perú, Ecuador e o norte de Chile. O seu alcance é rexional, a diferenza de El Niño ou La Niña, que teñen unha influencia global.