nivel de condensación convectivo

Altitude á que comeza a formarse unha nube de desenvolvemento vertical debido ao ascenso de aire quente, por convección. A insolación é o factor desencadeante deste proceso, ao quentarse o aire xunto ao chan e comezar a ascender. A presenza de aire máis frío do normal no tramo de atmosfera onde ten lugar a ascensión, é o que dictamina a formación ou non da nube convectiva e o seu posterior crecemento, podendo ou non culminar en tormenta. A base da citada nube marca o nivel de condensación convectivo, coñecido en aeroloxía pola sigla NCC.