nivel de condensación ascendente

Altitude á que comeza a formarse unha nube como consecuencia da ascensión forzada de aire. Dito forzamento pode ser orográfico, frontal ou dinámico (por exemplo, como consecuencia dunha converxencia de brisas). En aeroloxía, coñécese pola sigla NCA.