cella

Forma coloquial de referirse á nube situada sobre o cumio dunha montaña. Nalgúns casos corresponderase cunha nube en touca, coa súa característica forma de sombreiro, e noutros pode tratarse do muro nuboso (muro de foehn) que emerxe desde o lado de barlovento pola parte alta das montañas, envolvendo os cumios.