cellisca

Precipitación en forma sólida formada por pequenas esferas lisas, ocasionalmente con puntas cónicas, de xeo translúcido, cuxo diámetro está comprendido entre os 2 e os 5 milímetros, superando en ocasións este último valor. A cellisca é un tipo particular de neve granulada, que presenta características morfolóxicas similares á sarabia. É bastante común empregar o termo para nomear unha ventisca na que o vento arrastra esa neve miúda, mesturada con pingas de auga. O seu uso tamén se aplica para referirse á mestura das citadas pingas con folerpas de neve convencionais, aínda que de pequeno tamaño, ou sarabia tamén pequena, todo iso empuxado de forma impetuosa polo vento. É habitual identificalo co graupel e co xeo granulado, dadas as similitudes que presentan os tres hidrometeoros.