bise

Vento frío e seco do primeiro cuadrante (N-NE) que sopra en Suíza, preferentemente no inverno. Fágao de forma impetuosa na meseta suíza e o lago Léman, afectando á cidade de Xenebra. Alcanza con frecuencia refachos de 30 a 40 km/h, aínda que de forma ocasional as intensidades máximas poden achegarse aos 100 km/h e mesmo superar ese valor, soprando con moita violencia. Ocasionalmente, o bise irrompe cun tempo moi desapracible, con ceos anubrados, choivas e treboada, en cuxo caso recibe o nome de bise noir (bise negro).