ventisca
Neve levantada do chan a baixa altura por un vento forte e con refachos. É común identificar a ventisca cunha tempestade de neve ( blizzard ), na que á parte de levantarse grandes cantidades de neve do terreo, neva de forma copiosa, sendo os flocos impulsados polo forte vento reinante, o que reduce case na súa totalidade a visibilidade. O termo tamén se emprega cando en lugar de neve, o vento arrastra po ou area. A ventisca de neve recibe outros nomes como nevasca, ventada branca ou a variante ventisco.
Tamén coñecido como: ulisca, vindisca