advección
Deslizamento sobre a superficie terrestre dunha masa de aire co consecuente transporte horizontal de calor e humidade. Adóitase falar dunha advección cálida ou fría en función da temperatura do aire que se despraza. Nos océanos tamén se producen adveccións, neste caso de masas de auga. Mentres que os ventos son os que gobernan os grandes movementos horizontais de aire na atmosfera, no medio oceánico fan o propio as correntes mariñas.