cizalladura

Variación que nun momento dado experimenta o vector vento ou unha compoñente deste, ben na súa dirección ou no seu módulo (intensidade), nun plano determinado. Tamén se coñece como «cortante do vento» (tradución literal da expresión inglesa windshear). É común que a cizalladura se refira implicitamente á cizalladura vertical, por ser esta a que ten un maior interese aeronáutico, converténdose ás veces nun factor perigoso para o voo. Na atmosfera adoita haber sempre cizalladura, pois normalmente a intensidade do vento aumenta ao ascender por ela, á parte de cambiar de dirección, pero a que pode afectar a un avión é unicamente a que se produce en distancias curtas.

Tamén coñecido como: cizalladura do vento