crepúsculo

Resplandor celeste cuxa intensidade aumenta progresivamente antes da saída do sol (crepúsculo matutino) e decrece tras a súa posta (crepúsculo vespertino). Esa luminosidade ambiental é provocada polo astro xa oculto baixo o horizonte, pero próximo a el. A súa duración varía en función de cal sexa o día do ano e a latitude do observador. O crepúsculo matutino recibe outras denominacións como amencer, aurora, alba ou albor, mentres que o vespertino tamén se chama solpor, declive, entrelusco ou serán. A palabra lusco é sinónimo de ambos.

Termos relacionados: albor, encarnada