encarnada

Nun contexto meteorolóxico, recibe este nome coloquial a nube rosada -de cor carne- que se observa ás veces durante o amencer e o solpor. Esa coloración débese á maneira en que se dispersa a luz solar cando o astro rei se sitúa nas proximidades do horizonte; as nubes situadas a maior altura adquiren unhas rechamantes tonalidades que abarcan desde as citadas cores rosadas ata unha ampla gama de avermellados, alaranxados e dourados.

Termos relacionados: crepúsculo