noite tropical

En Meteoroloxía, recibe este cualificativo a noite en que a temperatura non descende de 20 ºC, rexistrándose unha temperatura mínima igual ou superior a ese valor. Algúns autores refírense tamén a unha noite tórrida ou ecuatorial, cando a temperatura mínima é igual ou superior a 25 ºC. En Climatoloxía compútanse as noites cálidas como aquelas cuxa temperatura mínima é maior do percentil 90 da distribución de temperaturas mínimas rexistradas ao longo dun determinado período de referencia.