choiva torrencial
Choiva cuxa intensidade ten un carácter extraordinario. En Meteoroloxía, non existe un único criterio técnico para definir unha choiva torrencial. Un dos máis aceptados fixa en 60 mm/h a intensidade mínima a partir da cal o carácter dunha choiva é torrencial. En episodios destacados de choiva, o normal é que se acade ou supere ese limiar en determinados momentos, pero non durante a maior parte do tempo. As acumulacións de auga que resultan dunha choiva torrencial duradeira ocasionan inundacións.