choiva orográfica
Choiva asociada a unha nube orográfica, que se produce na ladeira de barlovento dunha montaña, como consecuencia do ascenso forzado de aire húmido por ela. Unha vez acadado o nivel de condensación, fórmase a citada nube orográfica, no seo da cal se produce a choiva.