inversión térmica

Comportamento contrario ao esperado na temperatura ao ascender pola troposfera. Mentres que o normal é que diminúa coa altura, nas zonas onde hai unha inversión térmica, a temperatura aumenta ou mantense constante ao ir gañando altitude. As inversións térmicas poden ter espesores moi variables e aparecer en calquera nivel troposférico, desde a mesma superficie terrestre ata a parte máis alta, onde sempre hai unha delas -a tropopausa-, que marca o límite entre a troposfera e a estratosfera. A inversión térmica actúa como unha tapadeira, freando en seco os ascensos de aire.