ioduro de prata

Composto químico utilizado na sementeira de nubes tanto para producir choiva artificial como para inhibir a formación de pedrazo. Este sal de prata -tecnicamente un haluro (AgI)- ten unha estrutura cristalina moi parecida á do xeo común, de aí que os seus cristais actúen como núcleos de conxelación. Ao introducirse ioduro de prata no interior dunha nube, sobre os cristaliños desta sal tende a acumularse xeo directamente por sublimación de vapor de auga, o que pode chegar a modificar os procesos naturais que dan lugar á precipitación e condicionar a formación das pingas de choiva, os flocos de neve e as pedras de sarabia.